Milego, bailador élfico

Vivir sen dignidade é estar ben morto /Ejército Zapatista de Liberación Nacional/

domingo, mayo 25, 2008


A de hoxe foi unha noite sorprendente, noite que parecía ía rematar cedo, que non ía ser moi alá... e ó final foi unha das mellores en moito tempo :D

Ó rematar o ensaio alí nos quedamos de cháchara e de risas no ensaio... mentres non nos poñíamos de acordo en que facer das nosas vidas... decidimos ir cear á casa de Lidia. Encargamos unhas pizzas, unha tabla e tal e cual... e a mirar ó Chikilicuatre xDDD
Ó final creo que Eurovisión foi o que menos vimos, que foi comezar a facer zapping e mirar unhas cousas por aí... xDDDD Total que Lidia sacou unhas botellas de crema de orujo e aguardiente tostada que... bue... entre iso e a pizza "picante" que colocaba... xDDDDD que risas, dios! Lidia saliuse!! jaja E logo a guerras de coxíns e demáis enriba do sofá... bailes improvisados... e a frases coma: Lidia, saca el chumino ya! XDDDDD
A iso das 4 da mañá fumos todos a levar a Bea a casa e voltamos para o Triskele. Menuda festa! Como molou hoxe! Puxeron música bailable... grandes éxitos da nosa música todo o tempo... mimá, que risas... e logo a alguén se lle ocurriu sacar un rollo de papel hixiénico do baño, e alí estabamos todos con papel hixiénico enrolado na cabeza jajaja Iso si, eu o máis elegante, que tiña gravata :D Había tempo que non lembraba o Triskele tan cheo de xente... que ben o pasamos! E creo que nunca vira a María tan contentilla... creo que iso axudou tamén xDDDD
E bueno, que son horas de ir para cama xa, que mañá haberá que estar en boas condicións. Saúde!

viernes, mayo 23, 2008



...hay que crecer bailando con sinsabores...

/Silvio Rodríguez. Reino de Todavía/

miércoles, mayo 21, 2008


Dende aquí a miña pequena e humilde homenaxe a este gran profesional, gracias ó cal superei os meus problemas de espalda hai xa uns cantos anos, ós que ninguén soubo poñer fin ata que fun a onda el.
Genaro Borrás, o que foi médico do Real Club Celta de Vigo e da Selección Española de Fútbol, faleceu o xoves pasado ós seus 62 anos como consecuencia dun cáncer. Descanse vostede, señor Borrás.

viernes, mayo 16, 2008


Bff... foi completiña a ruta de onte... San Ero en Belas Artes, Da Vinci, Lusco, Zoom, Bolboreta, Xolda, Troula, Karma, Búho... enfín, que eran as oito e media da mañá cando fomos para o piso... e os obreros alí, dándolle que te pego taladrando...

Bueno, hoxe toca ir ó Grove e pola noite, se dá tempo (ha de dar xD), iremos á Casa dos Druídas aproveitando que hai concerto dos carunchos e montaremos algo de festa, por variar... xDD

Mañá é día das Letras Galegas, e quedamos os do grupo para ir comer a Vilariño e pasar o día. Bueno, iso os que poidan porque eu teño actuación pola tarde e terei que virme :( Ademáis, hai serán do Ghato alí en Vilariño, polo que temos festa asegurada ;) Pasádevos!

jueves, mayo 15, 2008


Silvia Penide, gran cantautora... encántame. Recoméndovola moito.

miércoles, mayo 14, 2008


Mañá é San Ero!! :D:D:D

E hoxe leva todo o día chovendo... :( parará? Espero que mañá faga mellor día, con que non chova confórmome, que senón alá vai a tarde de tocar, cantar e beillar... :(

lunes, mayo 12, 2008


Gran fin de semana. Paseimo xenial cos asturianos, moi boa xente; cos do Morrazo e, sobre todo, coa tropa de Pontevedra.
Namáis chegar xa comezamos a cervexas. A cea estivo ben, xa se sabe, báilase mellor co bandullo cheo, así que repetín xDD E xa de risas na mesa, e se uns comezan a cantar por unha esquina... pois claro, Ali e máis eu non che aghuantamos co cú na silla, e bailamos nun recuncho (pa ir quentando ;))


Na cea. Como vedes non faltou viño. Guillerme presentando o Alcuentru.

Moi ben o Alcuentru, aínda que un pouco máis de espacio para beillar non estaría mal :P Vendida d@s pandereteir@s do Tear, que me fixeron "colaborar" bailando unha aña e alí tiven que sacar a beillar de unha en unha ás mozas que por alí andaban (menos mal que estaban Tania, Rita, Susana e Lorena xDD) Coñecín a un montón de xente: A Silvia, a cantante de Blima (grupo asturiano que estivo no Intercéltico de Moaña o ano pasado); a Marga, unha acordeonista; a Ambás e toda a xente que con el colaborou para levar isto a cabo; a Pedro, o camarero co que me baixei unha botella; e a máis xente que non recordo... xDD E iso, que o LK baixaba que daba gusto xDD



Fotos da folixa e da estrea das Pandereteiras d'O Tear de Llerena.

O mellor de todo é que lle ensinei a picar e algunha cousa máis a Josué, Pablo e Dieguito, jeje. Aí , facendo escola XDD


A proba do entusiasmo de Josué e Pedro, o camareiro, máis eu.

Bueno, e así estivemos ata as 8 da mañá ou algo así... que xa era de día... e ás 12 do mediodía levantámonos e subimos andando os cinco atrevidos (Ambás, Guillerme, Susana, Rubén e máis eu) polo desfiladero de Las Xanas (é precioso, pero unha hora e media pateando un domingo medio de reenganche...) ata chegar ó cumio, o pobo de Pedroveya, onde namáis chegar (cantando, como non?) puxémonos a cantar, beillar e beber sidra á porta do restaurante xDD Era o entrante a unha gran comida: fabada asturiana, pote asturiano e cordeiro. Buff... que rico! Eu xa non puiden co postre.




Fotos da subida polo desfiladero de Las Xanas. Moi fermoso. E Guiller lavando a cara xD.



Antes de entrar a comer, o domingo en Pedroveya.

E xa emprendemos o interminable camiño de volta... hai que ver que malas son as estradas Asturies-Galicia :S:S



PD: Había discusión por se algún roncaba, se seríamos quen de durmir ben na habitación... seica roncaron case todos. xDDDD